Talleres

Formación práctica en el espacio Latento

Taller

Entroido en Santiago de Compostela

10:30h – 13:30h 35 €
Entroido en Santiago de Compostela

O Entroido é unha festa centenaria, profundamente galega e moi nosa. É celebración, é identidade, é vínculo e comunidade. É lembrar quen somos, de onde vimos e tamén cara onde queremos camiñar.

No obradoiro de Entroido convidámoste a vivir esta tradición dende dentro e dende fóra: poñendo caretas, xogando con identidades distintas á túa, coñecendo outras miradas e descubrindo, a través do xogo e da creación, quen somos e de onde vimos.

Un espazo para explorar, compartir e celebrar o Entroido como o que é: Galicia, identidade e unión a partes iguais.

Non perdas esta oportunidade. Únete ao obradoiro e vive o Entroido connosco. 🎭✨

Prazo de inscrición: aberto ata o xoves 12 de febreiro a través da seguinte ligazón.

O venres 13 de febreiro comunicaráselles ás familias inscritas se se acadou o número mínimo de participantes necesario para levar a cabo a actividade.